Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A infanta Isabel en San Sadurniño

San Sadurniño, 1906

Entre os membros da familia real que frecuentaron San Sadurniño, a popular Infanta Isabel, “La chata”, tía do rei Alfonso XIII, foi unha das grandes amizades da duquesa Natividad Quindós, a quen visitou varios veráns no seu Pazo.
A primeiros de xullo todo estaba preparado no pazo para que a Raiña Maria Cristina pasara uns días coa súa nova "camareira maior"; segundo a prensa da época, gastouse miles de duros en adecuar o pazo e os xardíns. Mais a visita non chegará a realizarse. No seu lugar, o 20 xullo de 1906, no marco dunha visita oficial a Galicia, a Infanta Isabel pasará un día completo en San Sadurniño.
O concello de San Sadurniño, presidido polo conservador Ángel García Fernández, en sesión de 16 de xullo, decreta que "una comisión la salude en nombre del pueblo y reciba dignamente celebrando solemnes festejos que serán costeados por el municipio". Foron 106 pesetas daquela. Na mesma sesión decidiuse denominar "Avda del marqués de San Saturnino", á rúa que construiu José Mariano Quindós para ter un doado acceso ao Pazo en carruaxe.
Segundo contaron as crónicas xornalísticas: “La infanta foi a almorzar ao pazo dos Duqueses da Conquista. No traxecto e a chegada a San saturnino foi ovacionada con entusiasmo. Ademais dos Duques da Conquista, almorzaron coa infanta, o Almirante Cervera, o xeneral Morgado e o Sr Leopoldo Boado, axudante do Rei. Durante o almorzo tocou unha rondalla aires do país. (A rondalla era “Airiños d'a miña terra" de Ferrol). Segundo o ABC: "la Infanta se alojará en las habitaciones arregladas para recibir a la Reina María Cristina". No resto do día, a Infanta visitou o Mosteiro, a Capela dos Marqueses e deu unha volta pola Fraga amenizada por "Airiños da miña terra" -con merenda incluida- e unha andaina ata o Alto de Lamas. A velada rematou tras da cea e arredor das 10 da noite, a Infanta Isabel retornou a Ferrol. A cronica máis completa da visita foi publicada en "El Correo gallego". Posteriormente o Duque da Conquista acompañará en automobil a Infanta ata Lugo xunto có Conde de San Román e o fillo do Conde de Fontao.
Outros visitantes ilustres deste verán foron Honorio Calero de Borbón, a viuva de Barcia e o seu fillo. Na fotografía Isabel, a Chata en 1906

  • A infanta Isabel en San Sadurniño

  • Isabel la chata en 1913

  • Infanta isabel

  • Outros visitantes "Noticiero de Vigo" (11.7.1906)

  • Anuncio da visita da raiña Maria Cristina (Norte de Galicia, 15-5-1906)

  • Vsita da infanta isabel. 22.07.1906. El Noroeste

load

Documentos:

Programa da visita da Infanta Isabel a Galicia (ABC, 20-7-1906)
A infanta Isabel en San Sadurniño (1906)
A Infanta Isabel en San Sadurniño. El correo gallego
Historia de "Airiños da miña terra". 1917

Comentarios

Máis imaxes

Temas: música, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: