Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A guerra de Cuba e San Sadurniño

San Sadurniño, 1898

A guerra de Cuba afectou profundamente á sociedade española do seu tempo e nomeadamente ás familias de escasos recursos. Foi unha guerra inxusta á que ían só os pobres. As familias ricas podían librarse aportando 1.500 ptas para evitar ser recrutados. De feito, a meirande parte dos 100.000 españois que foron ata aló eran labregos, obreiros e xentes de escasos recursos económicos. Dende "Fálame de San Sadurniño" estamos a traballar, na medida das nosas posibilidades, en debullar polo miúdo as consecuencias desta Guerra entre a veciñanza do concello. Vaia polo momento un adianto provisorio.

Durante 1897 e 1898 os plenos municipais presididos por José María Díaz Rodríguez convértense nunha sucesión interminábel de lecturas dos boletíns oficiais e reclamacións por prófugos ou quintos para a guerra na "provincia española de Cuba" . Descoñecemos polo de agora moitos datos da incidencia deste conflito en San Sadurniño, mais deberon coexistir todas as circunstancias posíbeis: os que emigraron -sobre todo á Arxentina- para non ter que ir á guerra e polo tanto serán declarados prófugos e perseguidos; os que sendo xa emigrantes en Cuba tomaron as armas contra os independentistas, como o caso de José López Torre ou Antonio Couce López. Algúns non terán tanta sorte, en Cuba ficarán para sempre como soldados "sacrificados en el altar de la patria como Manuel Vázquez Páramo (Reg Bailén), Manuel Taguado (Reg Colón) ou José López Díaz (Reg Puerto Rico); outros voltarán repatriados, feridos ou enfermos, como José Sixto Rodriguez, Angel García, Manuel Romero (Igrexafeita), José Castro Covelo (Ferreira) e José Bouza Aneiros (San Sadurniño); outros retornarán como heroes por resistir no combate como o fogoneiro do cañoneiro "Diego Velázquez", Juan Soto Alvariño.

O conflicto bélico alén do mar coincide coa “crisis calamitosa en la que se halla el distrito“ pola perda completa da colleita de millo. De feito, nas colectas que se realizan dende o Concello para contribuir ao esforzo bélico e orfos da guerra os resultados non acadarán un gran resultado pola miseria xeral que se vivía neses anos en San Sadurniño..

A guerra de Cuba e San Sadurniño

Documentos:

O Cañonero "Diego Velazquez". Correo Gallego, 2 de agosto 1898
Recaudación en San Sadurniño para a Guerra de Cuba.26.6.1898

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, emigración, guerra, San Sadurniño (Concello), servizo militar

Compartir en: