Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A Garda Civil en San Sadurniño

Marques de Figueroa, San Sadurniño, 1898

Cara finais do século XIX sucederon algúns episodios de violencia que intranquilizaron a veciños e veciñas de San Sadurniño. En 1894 aconteceron estranos sucesos como a explosión dunha bomba na casa do Administrador do vello Marqués, ameazas de morte e conatos de incendios provocados entre outros feitos violentos. Os roubos na Fraga obrigaron a cercar o perímetro do Pazo do marqués en 1896. Nese ano ademáis, produxéronse numerosas liortas nas feiras, festas e romarías da contorna. Por outra banda, a conflitividade crecente do agro galego como os tristes sucesos de Mugares de 1896, influíron decisivamente no ánimo do Marqués-Senador, quen moverá os fíos e súa poderosa influenza na Corte e Goberno de Madrid para dotar ao Concello de Sadurniño ,presidido daquela por José María Díaz Rodríguez dunha unidade da Garda Civil. Foi autorizada o 13 de agosto de 1898, aínda que a súa instalación será efectiva en decembro, nunha casa arrendada polo propietario mais importante daquela: Luís Loureiro Pita, dono do antigo recinto conventual.O primeiro comandante do posto foi José Prado Pacios. O contrato de arrendamento foi asinado o 30 de novembro de 1898 por 300 pesetas anuais e un período de 10 anos. O posto será atendido por un cabo e cinco gardas.
O edificio protagonizará sonadas queixas da Garda Civil ao longo do século por mor das malas condicións do inmoble e conducirán a unha sonora reclamación aos herdeiros de Luís Loureiro en 1940, nos tempos da alcaldía de Faustino López Loureiro. En varias ocasións o concello tentará ofertar a Garda civil terreos para a construción dunha sede definitiva como fará o alcalde republicano Vicente Castro Naveiras, mais o proxecto non prosperará e a Garda civil seguirá nese edificio ata comezos do século XXI, e dicir durante 102 anos.
No balcón do edificio terá lugar o acto de restauración da bandeira monárquica en San Sadurniño en setembro de 1936.
Asemade polas características do territorio e a presenza do Maquis no Forgoselo na postguerra franquista , instalouse unha cuartel mais pequeno en Igrexafeita (nun local propiedade de José Tarrio Eiroa) que estivo activo ata a década de 1960). O edificio foi deteriorándose pouco a pouco. En 1997 sufriu un incendio e no 1999 o edificio ameazaba cun derrumbe definitivo.
Ao fin, no ano 2000, o alcalde Contantino Bedoya, traslada o posto aos baixos do convento do Rosario. No 2015 amplíase a superficie útil da Casa Cuartel polo traslado do Concello ao Pazo da Marquesa.
O cineasta Pablo Millán utiliza o vello edificio da Garda Civil na súa curtametraxe "Negra sombra" realizada no 2016 durante a Chanfainalab.

  • A Garda Civil en San Sadurniño

  • Antiga casa-cuartel (2015)

  • Porta do antigo cuartel da Garda Civil

  • Chegada da Garda Civil a Sadurniño (La idea moderna, 4-5-1899)

  • Autorización para a instalación da Guarda Civil (Correspondencia gallega, 13-8-1898)

  • Traslado da Guardia Civil aos baixos do Concello LVG 30.11.1999

  • Incendio na casa cuartel da Garda civil. LVG 27.8.1997

  • Perigo de desplome LVG 28.12.1999

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: