Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A Fonte do Muiño Queimado

Igrexafeita, 2014

A cámara e a voz de Abel Vega Vega, lévanos polas beiras do río Castro en Igrexafeita ata chegar ao "muiño queimado". Alí toparemos unha fonte de augas cristalinas e características especiais.



Mais historias de Abel Vega

A Fonte do Muiño Queimado

Comentarios

Máis imaxes

Temas: fontes, Igrexafeita, muiño, naturezas, ríos, vídeos, videocartografías

Autor/a: Abel Vega Vega

Compartir en: