Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A fonte de Felgosa

Felgosa, Lamas, data descoñecida

Como o resto das fontes de San Sadurniño, a de Felgosa está aí dende tempo inmemorial. No ano 1987, sendo alcalde Manuel Lamas Soto, reformouse completamente o lavadoiro e déuselle o aspecto actual

  • A fonte de Felgosa

  • O lavadoiro da fonte de Felgosa

  • A antiga fonte

  • Lugar da fonte

  • Maruxa, Mercedes e Gelis na excursión fotográfica

  • Construcción do lavadoiro no 1987

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: fontes, Lamas, naturezas

Autor/a: José García Beceiro

Compartir en: