Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"A auga branca"

Santa Mariña do Monte, 2018

5ª Chanfaina Lab (9). Estrea venres 12 de abril do 2019.
Directora: Margarita Ledo Andión
Voz: Ramón Díaz Raña
Produción:Cipriano Jiménez Casas
Montaxe: Númax
Colaboradores: Bibiana Cibreiro López , Manuela González Cibreiro, Carmen González González, Manuel López Vigo, José Manuel López Taboada, Abel Vega.
Sinopse:"Retrato de Santa Mariña do Monte, esa parroquia ben organizada onde a auga abrolla e desaparece, onde a Virxe da Esperanza tén unha dobre na capela que non se asemella a ela, onde houbo festa, houbo morte e hai ofrendas. Un lugar que mira para ti cos ollos límpidos dunha vaca".
Duración: 5' 52''
Gravada en Santa Mariña do Monte do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.
Seleccionado no Festival "S8" (2019) na sección Sinais en Curto.


Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951). Xornalista, escritora, investigadora e cineasta. Resulta imposible condensar a súa prolífica traxectoria, unanimemente recoñecida con numerosos premios ou distincións, e considerada como un referente da cultura galega contemporánea. Axitadora política e feminista, coñeceu o exilio durante a ditadura franquista. Doutora en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona e Catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, é autora de numerosos ensaios sobre cinema, imaxe documental e políticas da comunicación. Entre eles, "Del Cine Ojo a Dogma 95" ou "Cine de Fotógrafos", que mereceu o Premio Espais d’Art Comtemporani. Asemade éscribiu ficción como as novelas "Porta Blindada" ou "Mama-fe". Preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das Ciencias da Comunicación; é numeraria e arquiveira da Real Academia Galega e socia colaboradora de Numax . Coma cineasta ten realizado numerosas pezas que se articulan sobre a memoria histórica, a liberdade, a emigración ou a muller como as longametraxes "Santa Liberdade"(2004), "Liste, pronunciado Líster" (2007) ou "A cicatriz blanca" (2012). No 2008 recibiu o "Premio Nacional da Cultura Galega" na modalidade cinema e audiovisual. No 2017, o prestixioso premio "Ramón Otero Pedrayo".

Margarita e Cipriano achegáronse a Chanfainalab con vontade exploratoria e aventureira, tirando dun lene ronsel de augas encantadas. Mais os ollos entrenados e sabios de Margarita Ledo acendéronse ao tomar contacto coa nosa penechaira de Santa Mariña do Monte. Alí debeu sentir o arrecendo da patria da súa infancia e gran parte do seu imaxinario: a Terra Chá: "Para o exercício de Chanfaina Lab eu fun escoller como motivo  a parroquia de Santa Mariña do Monte polo que lin na web sobre as ofrecidas á Virxe da Esperanza; porque me lembrou as eiras da Chaira,  con castros a redor canda o aquel de fábula na auga para quedares preñada. Nos dous días que andivemos por alí a falar con diferentes persoas regresou ese pálpito, que tamén sinto na Terrachá, de que a palabra, o encontro, a pequena conversa ten moita lei. As xentes son cautelosas no que din. A memoria é concreta. E sobre ela paira unha presenza amábel: a de Ramón Díaz Raña".

"A auga branca" acredita doadamente á frase de Akira Kurosawa de que "a creacion é memoria", porque a peza agroma máis aló do que observamos; alentan nela as marcas autorais da cineasta: os lugares con memoria, a estrutura circular, a voz poética, o plano persoal e o simbólico, os ecos do tempo, as experiencias e vivencias tanto sensoriais como literarias ou documentais que debullan e conforman a voz fílmica de Margarita Ledo:" O modo de traer a Ramón a esta pequena peza foi a través da súa voz, dunha gravación que nos agasalla co recordo seu da Fonte da Esperanza que, coma un bucle, abre e pecha o filme. As miñas referencias foron máis literarias ca cinematográficas. E unha vez e outra pensaba no modo en que Manuel María describiría esta Santa Mariña. El amaba o nome das cousas e quería coñecer todas as parroquias de Galiza. Eu póñolle voz ao que mirei por acó nesta curta e sentida paseata." Así pois, déixense levar polas augas máxicas da Esperanza nesta fermosísima experiencia de viaxe que tenta capturar os arrecendos do tempo e a aura do pasado. Grazas Margarita por poñerlle imaxes, sons e corazón ao que viches na túa Chanfaina.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "A auga branca"

  • Margarita Ledo na 5ª Chanfainalab

  • Margarita Ledo na sesión preparatoria da 5ª Chanfainalab

  • Cipriano Jiménez na sesión inicial da 5ª Chanfainalab

  • Margarita e Cipriano c@s cineastas da 5ª Chanfainalab

  • Cipriano Jiménez

  • Secundino, Cipriano e Margarita de paseo por Sansa

  • Margarita plantando o castiñeiro da 5ª Chafainalab

  • Margarita Ledo e Cipriano na foto oficial da chanfainalab

  • Margarita e Manolo na "Eira de cineastas"

  • Margarita Ledo na presentaciòn virtual de "A auga branca"

  • Cipriano na Casa do Concello

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Capelas, fontes, Santa Mariña do Monte, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Margarita Ledo Andión

Vídeos:
Liste, pronunciado Lister
A cicatriz branca
Noite no mundo
Cienfuegos 1913

Compartir en: