Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A arca de Noé da froita

A Cortiña, San Sadurniño, 2009


En marzo do ano 2009 comezou a plantacion da horta de conservación de froitas autóctonas, unha orixinal e vizosa iniciativa do Concello de San Sadurniño e a Asociación Galega de froita autóctona do Eume.
A horta está ubicada no lugar da Cortiña ao carón do Arboreto e o Apiario. O proxecto, con mais de 500 árbores, pretende recuperar as variedades das froiteiras en perigo de desaparición e que dende tempo inmemorial formaron parte da alimentación dos habitantes do val, como por exemplo a sidra natural. A AGFA do Eume imparte cursos periódicos e xestiona as visitas guiadas a esta aula viva da natureza e que gosta moito a nenos e nenas. No vídeo, Carlos Fornos Fernández (1947-2014) e Ramiro J. Martínez Picos explican o proxecto. Descarga o folleto divulgativo da horta e mira qué pintaza ten a froita (no vídeo á dereita da páxina).
O cineasta Miguel Mariño evocou o seu sabor no filme "O tempo da mazá".

A arca de Noé da froita

Documentos:

Folleto da horta de conservación de froitas autóctonas

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emprendedor@s, naturezas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), vídeos, labregos e labregas

Autor/a: Fálame

Vídeos:
Feira San Sadurniño concurso AGFA do Eume 2013

Compartir en: